
A comunidade GNOME acaba de presentar GNOME 51, a nova versión dun das contornas de escritorio de software libre máis utilizados en sistemas GNU/Linux. Esta versión de GNOME (siglas de GNU Network Object Model Environment) ten un nome que nos toca de preto ás galegas e aos galegos: “A Coruña”.
O proxecto GNOME elixiu este nome en recoñecemento á celebración de GUADEC 2026, o principal encontro anual da comunidade GNOME, que tivo lugar o pasado mes de xullo na Coruña, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
GUADEC regresou así á FIC 14 anos despois da súa primeira celebración na Facultade de Informática, reunindo de novo na Coruña a membros da comunidade internacional de GNOME e do ecosistema do software libre.
Agora, aquela celebración deixa tamén a súa pegada no propio proxecto GNOME. GNOME 51 “A Coruña” levará o nome da cidade e quedará asociado á edición de GUADEC celebrada en 2026.
