
O outono vai comezar con máis actividades da campaña de divulgación da toponimia galega Toponimízate. Falámosche dos nomes dá túa terra. A iniciativa regresa este venres 25 de setembro ao Bolo (Ourense), cunha charla programada a partir das 19.00 na Antiga Casa Cuartel.
Esta é unha das sete charlas que restan da campaña 2026 e que se impartirán ata o mes de novembro. A cita están convocadas todas as persoas interesadas na toponimia local e que queiran sumarse a este gran proxecto colectivo de conservación dos nomes do territorio a través da plataforma Galicia Nomeada.
A seguinte sesión será o 2 de outubro no Mercado das Neves (As Neves, Pontevedra), a partir das 20.00 horas.
O principal obxectivo desta charlas de Toponimízate será conseguir que a veciñanza do Bolo e das Neves se implique na recollida dos microtopónimos das súas aldeas a través da aplicación tecnolóxica Galicia Nomeada.
Na charla participará Vicente Feijoo Ares, o principal referente e coordinador técnico do proxecto Toponimízate. Filólogo galego e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), Feijoo é o encargado de impartir este ciclo de charlas divulgativas que percorre os diferentes concellos de Galicia. Centrará boa parte da charla en explicar polo miúdo o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada e as súas principais características: como solicitar unha conta de usuario; como introducir un topónimo; como anexar imaxes, arquivos de son ou documentos; como enviar suxestións sobre topónimos xa existentes no visor…
A intención é que as persoas asistentes teñan unha visión xeral de todo o que lles permite facer a ferramenta e que tamén poidan saír da charla preparándoa para utilizala desde o primeiro momento.
A campaña Toponimízate 2026 é unha iniciativa de charlas divulgativas impulsada pola Secretaría Xeral da Lingua e a Real Academia Galega.
Baixo o lema Falámosche dos nomes da túa terra, a xira deste ano percorre un total de 12 concellos galegos entre os meses de abril e outubro co obxectivo de fomentar a recolla colectiva de microtopónimos a través da plataforma Galicia Nomeada.
