
A Cámara de Comercio de Santiago vai pechar setembro cunha nova xornada de transformación tecnolóxica para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas e emprendedoras. Trátase do seminario IA que traballa para ti: descobre os axentes de IA. Será o vindeiro mércores 30 de setembro a partir das 10.00 horas e terá unha hora de duración.
Trátase dunha xornada gratuíta e en liña que ten como obxectivo “descubrir como os axentes de IA poden realizar tarefas e axudarnos a aforrar tempo no noso negocio”.
O programa dará comezo ás 10.00 horas cunha breve presentación para logo afondar en contidos como as distintas ferramentas IA de utilidade das que podemos botar man, o que hai dentro dun axente ou como montar un axente. O seminario rematará cunha rolda de preguntas e respostas.
Esta xornada está co-financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Concello de Santiago de Compostela.

