
O proxecto Concello Dixital, a iniciativa de administración electrónica e transformación dixital impulsada pola Deputación da Coruña para apoiar ás entidades locais da provincia, celebra o vindeiro xoves 8 de outubro unha nova edición da súa xornada técnica no Pazo de Mariñán.
Baixo o título Encontro de representantes de administración electrónica, Concello Dixital, a xornada concíbese como “un espazo de traballo e posta en común entre os distintos e-responsables implicados no proceso de transformación dixital da administración local”, segundo informou a Deputación.
O encontro contará coa asistencia e participación de representantes institucionais e técnicos da Deputación Provincial da Coruña.
Nesta edición, a xornada centrarase en poñer en valor o papel do persoal das entidades locais da provincia que participan no proxecto e en traballar e mellorar competencias e aspectos como a xestión do cambio, a intelixencia emocional, a comunicación, a creatividade, o liderado ou a resolución de problemas, ferramentas clave para fortalecer a comunicación, e a cohesión dos equipos humanos nas administracións locais da provincia.
A axenda integra dinámicas de grupos, role-plays prácticos e un espazo de intercambio de experiencias entre os e-responsables asistentes, informou a Deputación, engadindo que a xornada encádrase na súa estratexia por modernizar tecnolóxica e organizativamente os concellos, promovendo accións que contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos e o clima laboral no eido público local.

