
A Xunta vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación, por un importe de 2.365.550,01 euros, para a subministración de novo equipamento TIC destinado a 1.700 postos de traballo do persoal do Hospital Novo Montecelo. O contrato terá unha duración de 12 meses desde a súa data de inicio, sen posibilidade de prórroga.
O equipamento previsto inclúe ordenadores de mesa, pantallas e consolas, cámaras web, teclados, ratos e outros elementos, así como os compoñentes necesarios para garantir o correcto funcionamento dos equipos, entre eles o procesador, a placa base, a tarxeta de son, a memoria RAM e o disco duro.
O subministro tamén contempla as licenzas necesarias e a instalación inicial do software, co sistema operativo Microsoft Windows 11 Pro con licenza nativa. Antes da distribución nos distintos centros, o Servizo Galego de Saúde verificará o correcto funcionamento dos equipos.
As empresas interesadas en participar no procedemento poderán presentar as súas ofertas ata o 6 de novembro ás 14:00 horas.

