
A cita tecnolóxica Corunna Innovate Summit reunirá os días 15 e 16 de outubro de 2026, no CSA da Cidade dás TIC, na Coruña, a líderes de negocio, fundadores e expertos, nacionais e internacionais, para explorar como a intelixencia artificial e as tecnoloxías emerxentes están a impulsar a innovación, o crecemento e a transformación.
Esta nova edición do evento combinará relatorios, casos de uso aplicados, coloquios e oportunidades de networking, que permitirán coñecer os últimos avances en IA, robótica ou innovación dixital, ademais de servir, unha vez máis, como punto de encontro para empresas e profesionais que están a impulsar a transformación e innovación nos seus distintos sectores de actividade.
O encontro está organizado por DataSpartan. Reunirá, entre outros, a profesionais como Amparo Alonso Betanzos, catedrática da UDC e investigadora do CITIC da UDC, Rocío Vega Martínez, co-fundadora de Zebra Brain, Cora Vinagre Sendino, xestora de innovación do International Quantum Center FSAS Technologies – A Fujitsu Co., Thomas Howe, co-fundador de Performeo ou Chris Rhodes, co-fundador de Guru AI.
O evento conta ademais coa colaboración do Consorcio de Turismo da Coruña, o Centro de Servizos Avanzados (CSA), o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG), Quincemil e a Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en asistir poderán consultar o programa completo e acceder ao formulario de inscrición a través da web oficial do congreso.

