
O espectáculo ComedIA, do grupo Píscore, chegará á Biblioteca de Galicia cunha proposta familiar que combina humor, música e unha viaxe polo universo da carreira espacial, as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial.
Dirixida por Fran Rei, esta cuarta montaxe de creación propia da compañía explora algunhas das grandes incógnitas sobre o espazo. Por exemplo se chegaremos a habitar Marte, se hai vida noutros planetas ou como soaría a música máis alá da Vía Láctea.
A cita será este sábado 31 de outubro de 19.00 a 20.30 horas no Auditorio da Biblioteca de Galicia.
As reservas poden facerse xa en liña. Trátase dunha sesión de balde previa inscrición.
Sinopse

En Comed[IA], o grupo Píscore mergúllase no universo da carreira espacial pasada, presente e futura, as novas tecnoloxías, a intelixencia artificial e todas as incógnitas que aínda nos agocha o espazo exterior.
Dirixida por Fran Rei, nesta cuarta montaxe de creación propia Píscore ofrécenos unha nova dose de humor e música, con gags trepidantes, referencias cinematrográficas, unha visión divertida da actualidade e novos instrumentos, como o theremin ou o otamatone. E todo isto con astronautas, extraterrestres, naves espaciais e o Universo de fondo.
Detrás está a dirección de Fran Rei e o elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas. Comede[IA] é a cuarta creación propia de Píscore, unha compañía galega que traballa o teatro, o humor e a música desde unha mirada contemporánea.
