Dende que a dirección de Menéame é galega a popular plataforma en liña non só mudou a súa aparencia estética e optou por dar maior visibilidade ás comunidades temáticas (chamadas subs), senón que tamén está a avanzar como plataforma para dar maior voz aos seus usuarios, o que reflíctese agora coa apertura en probas dun novo sistema de perfís e unha novidade moi interesante: a posibilidade de que os usuarios poidan escribir artigos sobre os temas que coñecen ben, que enriquecerán Menéame ao converter a calquera usuario en redactor a través dunha sinxela plataforma.
Con Menéame Artículos tamén ábrese a porta a que os usuarios poidan compartir o seu parecer sobre un asunto en concreto de xeito que poida compartirse como un contido máis en Menéame dun xeito natural, evitando así que quen quixese expresarse ao compartir unha nova ou un artigo vexa como o seu xeito de proceder fose considerado un abuso (pois o microblogging en Menéame estaba penalizado).
Os artigos dentro de Menéame poden redactarse directamente dende os novos perfís de usuario, nos que aparece na barra superior a opción de crear artículo, que levaranos a un sinxelo formulario de edición de texto enriquecido no que será posible introducir ligazóns, imaxes e vídeos, de xeito que a creación de contidos dentro de Menéame é tan doado como áxil. Tamén é posible crear os artigos dende a mesma opción da barra de menús cando esteamos a visitar un sub en concreto, facilitando así catalogación temática dos contidos creados polo usuario.
Menéame dá máis voz aos seus usuarios
Compartir Este Artigo
