Non son poucas as ocasións nas que, navegando pola web, sorpréndenos unha páxina web ao invadir os altofalantes do noso equipo informático con publicidade, música ou a reprodución automática de vídeos, o que resulta moi intrusivo e molesto, de aí que na versión de Google Chrome para experimentos (Canary) estean a probar estes días unha nova funcionalidade que consistirá na posibilidade de poder silenciar unha páxina web directamente dende a burbulla de información da páxina.
Esta funcionalidade permitirá que os usuarios podamos facer que o navegador web non reproduza o son de páxinas web especialmente molestas, e aínda que tardará en estar presente na versión oficial de Google Chrome, os máis ansiosos poden xa probala executando Chrome Canary co parámetro –enable-features=SoundContentSetting.
Chrome permitirá silenciar páxinas web permanentemente
Compartir Este Artigo
