
Os Premios de Investigación Sociedade Científica veñen da man, como dixemos, da SCIE (Sociedade Científica Informática de España) e a Fundación BBVA. Os galardóns foron creados para “impulsar e dar visibilidade aos mozos informáticos menores de 30 anos que realizan investigación de alta calidade en España”. A cerimonia, celebrada hoxe na sede madrileña da Fundación BBVA, serviu para salientar ata que punto o eido da informática, “unha ciencia relativamente recente”, supuxo “todo un cambio de paradigma tecnolóxico, económico e social, e tamén para sinalar os retos que iso implica”. En palabras do presidente da Fundación BBVA, Francisco González, “a informática, ao pór a información ao alcance de todos, e grazas ao abaratamento dos dispositivos, está a demostrar ser unha tecnoloxía altamente democratizadora, alterando a organización das empresas, o consumo, a comunicación, o lecer, a xeración de coñecemento, o acceso e coidado da saúde e as relacións persoais”.
Tanto Francisco González como Antonio Bahamonde, presidente da SCIE, resaltaron “o alto nivel alcanzado pola investigación en informática en España”, e lembraron a necesidade de seguir atraendo talento.
Os Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España-Fundación BBVA recoñeceron “a creatividade, orixinalidade e excelencia” dos novos doutores. Cada un dos seis premios concedidos nesta edición inaugural está dotado con 5.000 euros. Os premiados son: Cristóbal Camarero, da Universidade de Cantabria (que investiga como mellorar as interconexións entre os procesadores dun supercomputador para optimizar o seu rendemento, así como a demostración automática de teoremas e en aplicacións en banca); Elena Garcés, da Universidade de Zaragoza (que desenvolveu algoritmos para o tratamento dixital de imaxes que resultan de gran interese para o cinema e o desenvolvemento de programas de realidade virtual); Josué Feliu Pérez, da Universidade Politécnica de Valencia (que mellorou a eficiencia dun tipo de procesadores -chamados multinúcleo- presentes hoxe tanto nos teléfonos intelixentes como en grandes centros de cálculo); Petar Jovanovic, da Universidade Politécnica de Cataluña (autor de aplicacións para análises de Big Data que xa usa a Organización Mundial da Saúde para erradicar doenzas en países desfavorecidos, como o mal de Chagas); María Pérez Ortiz, da Universidade de Córdoba (que desenvolveu aplicacións innovadoras en áreas como a agricultura sustentable, os transplantes de órganos, o cambio climático e a oncoloxía); e Alejandro Ramos Soto, da Universidade de Santiago de Compostela.
Premios Nacionais de Informática
Durante a cerimonia celebrada hoxe na sede da Fundación BBVA en Madrid entregáronse tamén os Premios Nacionais de Informática, que outorga a SCIE desde 2005 para recoñecer a investigadores xa consolidados e incentivar a investigación en informática. Este ano os gañadores foron Miguel Toro, catedrático de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Sevilla, Mario Piattini, catedrático de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Castela-A Mancha, e Nuria Oliver, enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid,
O investigador do CiTIUS Alejandro Ramos Soto, recoñecido nos Premios de Informática Fundación BBVA
Compartir Este Artigo

