Para poder organizar xuntanzas de traballo en liña de xeito profesional existe unha evolución dos Hangouts de Google chamada Hangouts Meet, e para achegar esta solucións ás empresas anuncian hoxe hardware destinado especificamente ao servizo, que consiste nun lote que consiste nun equipo Asus Chromebox cun controlador de pantalla táctil, un micrófono-altofalante e unha cámara con sensor de ultra alta definición.
Esta solución permite que os usuarios poidan unirse a xuntanzas fixadas no Calendario ou ver os detalles dunha reunión cun único toque na pantalla. Tamén fai moi doada a selección ou o silenciado de membros da xuntanza, controlar a cámara… en definitiva, administrar os encontros dun xeito doado e, os clientes da edición corporativa da G Suite poden gravar as xuntanzas en Google Drive.
A proposta de Google permite conectar ata 5 micrófono-altofalantes a través dun único cable (o que resulta moi práctico para grandes salas de reunións), a cámara incluída ten un campo de visión de 120 graos (facilitando que se poida ver da todas as persoas que estean na mesa, incluso en espazos bastante reducidos, detectando a cámara os participantes e achegando a imaxe aos mesmos durante as súas intervencións), e todo isto funcionado baixo Chrome OS (o que facilita enormemente a súa xestión, xa que os administradores de sistemas poden controlalos con grande facilidade).
Esta solución de hardware porase á venda hoxe mesmo a un prezo de 1.999 dólares, aínda que a súa dispoñibilidade será bastante limitada xeograficamente (progresando paulatinamente).
Google presenta hardware para Hangouts Meet
Compartir Este Artigo

