A marca Tesla Motors é unha das máis destacadas a nivel mundial como aspiracional, captando a atención do público polas súas propostas de futuro e polas revolucións que propón no que a transportes por estrada se refire, sendo claramente o eixe do seu negocio as baterías que permiten que tanto coches coma camións poidan desprazarse centos de quilómetros cunha única carga, de aí que resulte curioso que entre a mercadotecnia da compañía veñan de colocar unha batería externa cun deseño inspirado ao monumento con forma de supercargador Tesla sito no Tesla Design Studio.
A Tesla Powerbank é posiblemente o xeito máis asumible de achegarnos á tecnoloxía de Tesla, xa que este accesorio cunha capacidade de 3.350 mAh véndese a un prezo de 45 dólares (38,35 euros). A batería inclúe conectores micro USB e Lightning, de xeito que pode cargar tanto smartphones con Android coma iPhone, e aínda que non teña nada especial a nivel técnico, o feito de que simbolice a unha marca icónica de seguro que vai convertela nun produto atractivo para os seareiros de Tesla (que probablemente terá moi boa saída de cara ao Nadal).
Tesla vende baterías… para smartphones
Compartir Este Artigo

