En vista da popularidade da carreiras de drons, DJI vén de incorporar ao seu catálogo as DJI Goggles Racing Edition, unha especie de casco de realidade virtual que véndese a 599 euros e que busca ofrecer unha visión en primeira persoa dos drons, facilitando así o seu control remoto ata a 7 quilómetros de distancia cunha latencia de só 50 milisegundos.
O módulo de transmisión empregado por este casco de DJI permite recibir vídeo a 1.280 x 960 píxeles, e pode funcionar en 12 canles diferentes, facilitando así que varios drons poidan voar no mesmo espazo sen interferencias. Tamén funciona nas bandas de 2,4 e 5,8 GHz.
O casco tamén pode aproveitarse para reproducir vídeos inmersivos en numerosos formatos (MP4, MOV, AVI e MKV).
DJI lanza un casco pensado para carreiras de drons
Compartir Este Artigo

