Os navegadores web procuran protexer aos usuarios dos abusos de certas páxinas web, e ao igual que hai anos introduciron un elemento tan importante como un bloqueador de fiestras emerxentes, e nos últimos días estean a facilitar o bloqueo do uso dos altofalantes por parte dalgunhas páxinas web (para evitar que a reprodución automática dun vídeo secuestre o son do noso equipo e provoque unha grande molestia) agora Google adianta que a partires do 15 de febreiro vai tomar medidas contra a publicidade abusiva no navegador Chrome.
Algúns casos de publicidade abusiva poderían ser as fiestras emerxentes, os anuncios en vídeo que se reproducen de xeito automático e con son, os anuncios que cargan antes de entrar nunha páxina web ou os anuncios de grande tamaño fixos en pantalla, no caso dos equipos de escritorio, mentres que nos móbiles estarían estas prácticas e moitas máis que fan case imposible utilizar certas páxinas web ou presentan os anuncios en tamaños esaxerados para a pantalla dun smartphone. O que fará agora Chrome coas páxinas web que inclúan este tipo de anuncios é que, cando os seus usuarios visiten estes espazos, non verán ningún dos anuncios, co que buscan forzar aos editores de espazos web a cumprir coas políticas de boas prácticas en publicidade promovidas por Google e outras compañías.
Chrome bloqueará a publicidade abusiva a partires do 15 de febreiro
Compartir Este Artigo
