Western Digital levou ao CES de Las Vegas algunhas das súas últimas novidades de almacenamento USB do seu selo SanDisk, destacando un produto que aínda está na fase de prototipo: unha memoria USB-C cunha capacidade de 1 TB, que pode ser unha magnífica solución para empregar grandes volumes de datos en ordenadores portátiles e incluso smartphones con Android e tabletas. Sería a unidade máis pequena do mundo con tal capacidade.
Aínda que no que se refire a grande concentración de datos nun pequeno tamaño o que si veu a luz oficialmente e a nova unidade SanDisk Ultra Fit USB 3.1 de 256 GB, que ten unhas dimensións de só 19,1 x 15,9 x 8,8 milímetros e con velocidades de lectura de ata 130 MB por segundo (multiplicando por 15 a velocidade das unidades USB 2.0 estándar). Estas novas unidades terán un prezo de 149,99 dólares e resultan moi prácticas para equipos que vaian empregarse en mobilidade ou para trebellos nos que simplemente queira aproveitarse ao máximo o espazo ou non se queira que a unidade USB resulte visible (como pode ser no caso de, por exemplo, televisores).
SanDisk prepara novas unidades USB de reducido tamaño
Compartir Este Artigo

