Os últimos resultados do mercado de smartphones elaborados por Kantar Worldpanel ComTech, correspondentes ao trimestre que concluíu o pasado novembro, presenta como os novos smartphones de Apple están a perder cota de mercado nos principais mercados europeos con respecto o mesmo período do ano anterior, diferenza que aínda está máis acusada nos EE.UU., onde Apple consegue colocar os seus 3 novos teléfonos no Top 3 de terminais máis vendidos, mentres que en España o impacto do iPhone X foi moito máis reducido, non sendo quen nin de colocarse no Top 10 no mes de novembro.
O mercado español parece dominado por fabricantes con prezos moito máis competitivos que Apple, como Samsung, Bq, Huawei e Xiaomi; deixándose notar claramente o desembarco oficial de Xiaomi no noso territorio, xa que o móbil máis vendido en España en novembro foi o Redmi 4X.
Samsung mantense como o fabricante líder en España, seguido por Huawei e Xiaomi, ou sexa, que nun par de meses Xiaomi pasou de ser o quinto fabricante en vendas de España a situarse en terceira posición, crecemento que parece ter afectado principalmente a LG, que pasou dunha cota de mercado do 9,1% ao 5,3%.
O Redmi 4X de Xiaomi foi o smartphone máis vendido en España en novembro
Compartir Este Artigo
