Os corpos policiais daneses están a dar realizar unha campaña de concienciación entre a mocidade sobre as consecuencias do que se fai na Rede, ante a percepción de que a actividade en liña como os insultos e as ameazas non teñen a mesma importancia que no mundo físico, aínda que o exemplo que poñen é bastante radical, xa que trátase dun caso no que 1.004 mozos de Dinamarca (con idades de entre 15 e 20 anos) enfróntanse a un grave cargo de distribución de pornografía infantil.
As autoridades danesas están a actuar ante un caso de distribución dun vídeo de contido sexual no que as persoas que figuran na gravación tiñan 15 anos, o que supón un delito tipificado no seu Código Penal como pornografía infantil. Os denunciados non foron conscientes de que reenviar un contido ilegal a través do Messenger de Facebook supón un acto de distribución, pois non hai diferenza entre o que se fai no mundo virtual e o real a vistas da Lei, polo que instan a pensar dúas veces antes de premer o botón de publicar entre as nosas redes sociais.
A Policía asegura que a meirande parte das persoas involucradas compartiron o vídeo un par de veces, pero algún fíxoo centos de veces. A investigación do caso foi bastante complexa, tendo que traballar a policía danesa coa Europol e as autoridades de EE.UU. para desenredar este caso que responde ao nome de Umbrella. As consecuencias serán graves para os denunciados, de xeito que recibirán unha sanción en función de cada caso e, de resultar condenados, non só poderían ter que enfrontar condenas de cadea, senón que tamén poderían entrar a formar parte dunha listaxe de agresores infantís que os vetaría para empregos relacionados con menores e incluso poderían ter problema para entrar en países como EE.UU., de xeito que estamos ante unha broma que pode saír moi cara.
A policía danesa lembra que é delito compartir contidos ilegais a través da Internet
Compartir Este Artigo
