Nos últimos anos e coa chegada de operadores de telecomunicacións como R afixémonos a unha nova numeración telefónica de xeito que aparte do histórico 981 como prefixo provincial da Coruña tamén aparecían números que comezaban por 881, o que está a facilitar unha inesperada confusión co prefixo internacional +881 creado en 1996 para servizos de telefonía por satélite. Por iso, R vén de alertar de chamadas de números que comezan por +88183810 que, pese a parecer da Coruña, non sería así, polo que non recomendan responder á chamada e moito menos devolvela, xa que o máis probable é que se trata de chamadas mal intencionadas.
Cando empregamos a numeración completa, os teléfonos da provincia da Coruña comezarían por +34881 ou +34981, polo que cando vexamos números longos teremos que fixarnos en se comezan co prefixo de España (+34), xa que en caso contrario é probable que, se non recibimos habitualmente chamadas dende o estranxeiro, esteamos ante algún tipo de estafa telefónica.
Alertan dunha posible estafa telefónica aproveitando o prefixo +881 de teléfonos satelitais
Compartir Este Artigo
