É bastante frecuente que Twitter active emoticonas asociadas a cancelos, tanto para celebracións puntuais como de xeito promocional (por exemplo, para destacar encontros deportivos ou filmes de estrea), e agora que remata o ano decidiron facer o mesmo co cancelo de felicitación do aninovo, de xeito que se escribimos #HappyNewYear, #FelizAñoNuevo ou #FelizAnoNovo veremos como o texto aparece acompañado por un corazón rodeado por unha explosión de círculos e estrelas, co que dende Twitter queren convidarnos a premer no botón de gústame, que durante as vindeiras horas estará animado, ou sexa, que cando marquemos gústame nunha publicación veremos como o corazón amosa unha explosión de celebración para «comezar 2019 cun bang».
Espérase que esta iniciativa non só anime á xente a felicitar o aninovo a través de Twitter, senón que tamén se potencien os gústames aínda que sexa só pola curiosidade de ver a animación ao premer o botón do corazón.
Twitter celebra o aninovo cun cancelo explosivo
Compartir Este Artigo
