Aínda que o Grupo Euskaltel limitaba o uso da súa marca R para o territorio galego, o operador de telecomunicacións vén de anunciar que estreou a súa oferta de Internet, televisión e telefonía móbil e fixa en Cantabria, comezando esta nova andaina con 9 concellos nos que xa teñen presenza.
Concretamente a cobertura de R en Cantabria chega a Santander, Astillero, Camargo, Cartes, Castro Urdiales, Laredo, Reinosa, Santa Cruz de Bezana e Torrelavega, esperando ampliar cobertura da súa rede de fibra óptica ao longo do presente ano.
R comeza a ofrecer os seus servizos en Cantabria
Compartir Este Artigo
