Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 171 equipos participaron na competición de robots da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

171 equipos participaron na competición de robots da UVigo

Redacción
Publicado: 26/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_robots_competicion-3.jpgA nova edición, a quinta, da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial, foi alén das expectativas. Ao longo desta mañá, un milleiro estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Universidade de toda Galicia medíronse nun concurso que ten como obxectivo pular a creatividade en robótica e programación, amais de fomentar o interese polas disciplinas STEAM entre a xente nova. Divididos nas categorías Wall-e (ESO e Bacharelato) e R2D2 (FP e graos), os 171 equipos inscritos foron amosando as características dos seus salientables e imaxinativos enxeños.
O evento vén da man da Escola de Enxeñería Industrial en colaboración coa rama de estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers e a sección de estudantes da International Society of Automation da Universidade de Vigo. O concurso, nun plano máis concreto, busca promover as titulacións da escola e impulsar a vocación tecnolóxica da mocidade, a autoaprendizaxe no deseño, a construción e a programación de robots autónomos.
Os 171 equipos, ao longo da xornada, tiveron que enfrontarse a probas de rastrexo, obstáculos, percorrido dun labirinto, seguir liñas ou unha loita de sumo. Tras varias eliminatorias, a mediodía coñecíanse os equipos gañadores. Na modalidade Wall-E entregáronse tres galardóns: na categoría de 1º e 2º da ESO, o primeiro premio foi para o equipo Furoca 2 do IES Pastoriza; na de 3º e 4º da ESO para Lagarto 2, do IES A Pastoriza e na categoría de 1º e 2º de Bacharelato a distinción foi para e equipo Eleven Anclas, do IES Manuel García Barros, de A Estrada.
uvigo_robots5.jpgNa modalidade R2D2 o primeiro premio foi para equipo Oprobots do IES de Teis-Colegio Hogar Afundación Politécnico de Vigo. A organización entregou tamén dous premios á orixinalidade que foron para o IES 1 O Carballiño e para Melanaluquia, do IES Lama das Quendas, de Chantada.
Todas as prazas cubertas e centros das catro provincias
Na categoría Wall-e cubríronse as 156 prazas ofertadas cun total de 98 equipos de estudantes de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e outros 58 equipos de estudantes de 1º e 2º Bacharelato. Na categoría R2D2, dirixida a estudantes de FP e titulacións universitarias, tamén se cubriron as 15 prazas ofertadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?