Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O último en creación dixital pode vivirse na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O último en creación dixital pode vivirse na Coruña

Redacción
Publicado: 11/07/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mundos_digitales_dsc00497.jpgMundos Digitales abriu hoxe as súas portas cunha grande participación de público e a posibilidade de gozar de interesantes relatorios, coñecer tecnoloxías como un plató virtual xerado en tempo real mediante Unreal Engine (motor moi frecuente no mundo dos videoxogos) e participar nunha multitudinaria feira de emprego, que é un dos puntos fortes deste encontro.
Entre as actividades da mañá podemos salientar a charla de Mike Seymour, cofundador de fxguide, quen abordou o cada vez máis presente tema dos humanos dixitais en producións virtuais, sen esquecer a grande evolución dos chamados deep fakes. Esta tecnoloxía está a entrar nunha fase na que cada vez resulta máis complicado distinguir a realidade dos contidos falsos grazas ás novas técnicas de deep learning e á grande potencia das gráficas dos ordenadores que incluso permiten que estas falsificacións poidan realizarse en tempo real, o que abre grandes portas á creación e aplicacións que van máis aló da substitución de caras, e que poden xogar un papel moi importante no futuro do audiovisual.
mundos_digitales_dsc00542.jpgNa xornada de mañá, venres, estarán Gonzalo Moure, Edgar Martín- Blas e Frank Vedvik expertos en realidade virtual. Moure, VFX Supervisor de Wework Farctory, expoñerá como se inviste a orde das prioridades entre pre e postproducción.
Realidade mixta & Roger Rabbit. Mesturando o mundo real e virtual, será o relatorio de Edgar Martín- Blas, Creative Director & CEO Virtual Voyagers. Esta tecnoloxía abandona o tradicional frame cadrado e válese de lentes como as Magic Leap para vivir unha infinidade de contidos que cobrarán vida ao redor do espectador.
Frank Vedvik, CG Artis The Future Groupe, será o responsable dun obradoiro no que se analizará a historia de Pixotope, unha ferramenta que naceu da necesidade da produción en tempo real, ademais de mostrar cales son os últimos desenvolvementos para os gráficos.
mundos_digitales_dsc00525.jpg Como se crea a mítica Brigantia a partir da cidade da Coruña real? A esta pregunta dará resposta Sergio Prieto, cofundador de Gato Salvaje, a empresa coruñesa creadora do videoxogo The Waylanders. Prieto explicará todo o proceso de creación de escenarios reais que foron estudados e adaptados ás necesidades da historia fantástica do xogo, como ás limitacións propias do mesmo.
Outro dos bloques relevantes da xornada de mañá será o destinado para os efectos na publicidade. Jordi Barés, director creativo de Framestore, mostrará como se configura o pelo ou os músculos dos personaxes de alto nivel que protagonizan os anuncios.
Ramón Artemán, cofundador de Metropolitana, falará sobre o fluxo de traballo de postprodución e VFX en publicidade, ademais de como afrontar a reorganización do sector. Gabriel Garrido, VFX Supervisor & Senior Flame Artist Serena Dixital, centrará o seu relatorio na importancia da postprodución como elemento crave dentro dunha campaña publicitaria.
A maiores, os tres encargaranse xunto a Barés de explicar o papel que xogan os VFX na realidade publicitaria, ademais de debater sobre as dificultades que se atoparon no proceso de creación de campañas publicitarias con gran repercusión.

Premio Especial Mundos Digitales 2019

Gonzalo Rueda, CTO de Ilion Animation Studios, recibirá nesta edición o Premio Especial Mundos Digitales 2019, galardón que recoñece á traxectoria profesional e achegas ao mundo da creación dixital. Rueda é o responsable das cuestións técnicas do estudo que en 2009 creou a longametraxe Planet 51. O premio será entregado nunha cerimonia que terá lugar o sábado ás 13:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?