O palmarés dos Premios Cybersecurity Ventures tivo finalmente notable presenza galega. Na entrega de galardóns estivo presente a vogal do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Pilar Vila Avendaño, quen recibiu a semana pasada un dos recoñecementos dos Premios do Programa de Aceleración Internacional en Ciberseguridade de INCIBE, Cybersecurity Ventures, que se entregaron en León (da man da entidade estatal INCIBE) no marco da décimo terceira edición do Encontro Internacional de Seguridade da Información, 13ENISE. Tamén foi distinguida a empresa galega AuthUSB, responsable de Safe Door, da que xa temos falado en Código Cero para salientar o seu papel referencial como un dos produtos máis seguros de España.
Respecto a Direct Dump, é un produto hardware e software, creado por Forensic & Security, que permite un acceso sinxelo e eficiente a datos tanto volátiles como non volátiles de múltiples dispositivos e plataformas de software/hardware.
No que atinxe a AuthUSB, o seu produto Safe Door ten a capacidade de protexer ás organizacións dos tres tipo tipos de ataques que poden vir a través das memorias USB: hardware (BadUSB), eléctrico (USBKiller) e software (malware).
Sobre 13ENISE
Na 13ENISE de León déronse cita máis 2.500 profesionais e emprendedores. O encontro foi organizado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), entidade dependente do Ministerio de Economía e Empresa, a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital. Baixo o lema Ciberseguridade na industria conectada: da ameaza á oportunidade, a 13 edición contou con 52 relatores nacionais e internacionais; 9 investidores internacionais que mantiveron 190 encontros bilaterais con emprendedores e compañías españolas e 85 empresas que participaron en diferentes espazos ou na zona expositiva (trade show).
No acto de clausura, entregouse o Premio ENISE á mellor iniciativa en materia de ciberseguridade implantada en centros educativos durante o curso escolar 2018-2019. O Centro de Educación Infantil e Primaria La Gaviota, de Torrejón de Ardoz (Madrid), conseguiu este galardón grazas ao seu proxecto I am not a target.
Así mesmo, fíxose entrega dos premios do programa de Aceleración Internacional en Ciberseguridade de INCIBE, Cybersecurity Ventures. O secretario de Estado para o Avance Dixital, Francisco Polo, entregou os premios ao tres gañadores: Direct Dump (34.000 euros); ClickDefense (24.000 euros) e AuthUSB (20.000 euros). O resto dos proxectos seleccionados recibiron premios por importe de 6.000 cada un.
Notable presenza galega nos prestixiosos Premios Cybersecurity Ventures
Compartir Este Artigo

