Vodafone e Abanca deron a coñecer detalles da súa iniciativa para impulsar a integración e o desenvolvemento do novo estándar de telefonía móbil, o 5G, no día a día dunha entidade financeira, neste caso concreto o de Abanca. A proba piloto impúlsase na sede do ente galego (unha oficina de atención ao público) no Polígono de Pocomaco na Coruña.
Este proxecto será o alicerce da implantación definitiva da tecnoloxía 5G en Abanca: o seguinte paso do seu proceso de renovación e transformación. Segundo informa a entidade galega, grazas esta iniciativa, “convertémonos no primeiro banco estatal que fai uso deste estándar na súa rede comercial grazas ao operador de orixe británica”.
O proxecto é un dos pilotos do Nodo de Cooperación con Operadores do Plan Galicia 5G da Xunta de Galicia, dirixido a situar á Comunidade como “territorio preferente na extensión destas redes de quinta xeración”.
Segundo engadiu a financeira galega, a implantación da tecnoloxía 5G “permitirá reforzar os beneficios que o novo modelo de oficina ofrece aos seus usuarios, facendo posible unha maior velocidade de acceso, cunha latencia mínima, permitindo a conexión de múltiples dispositivos a unha mesma rede sen fíos”. O obxectivo, engade Abanca, “é beneficiar aos clientes cunha mellor experiencia no uso dos recursos dixitais da oficina na que se desenvolve o proxecto para a xestión e contratación de produtos e servizos bancarios”.
Vodafone implanta a súa tecnoloxía 5G na sucursal de Abanca en Pocomaco
Compartir Este Artigo

