
Nestas actividades participaron emprendedores referenciais como Eduardo Martínez García, fundador de Lum, app que ofrece ferramentas para cambiar a forma de ofrecer a banca comercial, ou Lorenzo García Tamarit, CEO de TheLogicValue.com, empresa de software financeiro.
Nas sesións tamén traballou Augusto Santos, director executivo (CEO) de Fintech Portugal, quen lles trasladou a súa visión sobre o ecosistema fintech en España e Portugal: a paisaxe peninsular onde se xuntan as novas tecnoloxías e a actividade financeira. Igualmente mostróuselles en detalle a experiencia innovadora de Abanca da man do director xeral de IT, José Manuel Valiño, e a directora de Mercadotecnia, Susana Ortiz.

As propostas que concorreron no Bootcamp son as seguintes: Micappital, InvestSuite, Suscrip, ZM Algorithmic, OWE Money Manager, Finweg, Invisible Collector, Card dynamics, Lucas, NewRalers, Utrust, Infra, Iron Chip, Data XL, Pibisi, Gohu, LOQR, iCommunity e Imotion Analytics.
Collen impulso, con apoio galego, un total de 19 proxectos fintech
Compartir Este Artigo

