Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación, AMTEGA e Concellos incrementarán o subministro educativo de equipamentos e conectividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación, AMTEGA e Concellos incrementarán o subministro educativo de equipamentos e conectividade

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nena_computabf3b-b91db-2.jpgEntidades tecnolóxicas e sociais da nosa terra (por exemplo o colectivo da Enxeñaría Técnica en Telecomunicación) levan tempo advertíndoo: a pandemia agrava a fenda dixital que separa ás familias conectadas das que non o están. O motivo? A obrigatoriedade de proseguir os estudos coa fórmula da teleformación, que deixa fóra ás familias sen cobertura ou sen recursos para dotarse dela. Co obxectivo de combater a fenda, o Goberno galego e unha manchea de concellos iniciaron hai semanas medidas urxentes para subministrar equipamentos e conectividade ás nenas e nenos en risco. Agora, as administracións xuntan forzas para ampliar a medida, fortalecela e buscar que ninguén quede fóra da teledocencia.
A Xunta de Galicia (a través da Consellería de Educación e a axencia AMTEGA), a FEGAMP e os concellos de Galicia que o consideren, establecerán unha liña de cooperación para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos ao alumnado do ensino non universitario.
No acordo establécese que, por razóns de competencia, o Goberno galego atenderá con prioridade ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP, de acordo cos criterios de promoción e titulación. Pola súa banda, os concellos interesados en colaborar no préstamo e reparto de equipamento e conectividade de propiedade municipal daranlle prioridade ao alumnado das etapas de Infantil e Primaria.
A maiores, Educación e AMTEGA traballarán coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) nun protocolo para a creación “dunha base de datos de equipamentos única con destino ao alumnado non universitario, que identifique os beneficiarios e evite eventuais solapamentos nas entregas do material”. Ao abeiro deste protocolo, os equipamentos locais circunscribiranse sobre todo a atender as demandas nas etapas de Infantil e Primaria, mentres que a Xunta de Galicia lle dará prioridade a ESO, Bacharelato e FP.
Finalmente, no que atinxe á recollida ou distribución de material non informático, estableceuse que os centros educativos poderán solicitar, se fose preciso, a colaboración dos servizos de Protección Civil ou da Policía Local, para efectuar ditas entregas.
2.270 kits ata o de agora
A día de hoxe a Xunta de Galicia está a poñer a disposición das familias 2.750 kits informáticos compostos por portátiles e conexión gratuíta a Internet destinados ás familias con menos recursos que teñen escolarizados aos seus fillos en centros públicos, co “fin de garantir o seguimento da actividade educativa a todos aqueles alumnos que non dispoñen de posibilidades de conexión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?