Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A vindeira edición de Pont-Up Store desenvolverase nun formato híbrido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A vindeira edición de Pont-Up Store desenvolverase nun formato híbrido

Redacción
Publicado: 07/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ilustracion-pontup-2020.jpgDo 17 ao 19 de setembro Pontevedra volverá ser o referente do novo emprendemento cun programa que se desenvolverá en formato híbrido, combinando actividades en liña con presentacións ao vivo desde a carpa da Praza de España e outras localizacións da cidade. En total van participar nesta 7ª edición 44 startups galegas repartidas do seguinte xeito: 36 empresas con expositor, 10 empresas que desenvolverán actividades demostrativas na carpa, e 8 empresas que participarán no talent business Pont-Up Exprés.
Desde a organización, amosan grande satisfacción por estes resultados cuantitativos, así como polos datos que se desprenden ao analizar a procedencia dos emprendementos participantes. As novas empresas implantadas no rural continúan medrando e consolidando unha tendencia de emprendemento; a provincia de Pontevedra volve confirmarse como a área con máis pulo emprendedor; aínda que, con respecto a edicións anteriores, increméntanse as solicitudes procedentes do resto de Galicia e tamén os emprendementos radicados fóra de Galicia, o que confirma unha vez máis ao encontro Pont-Up Store como referencia do novo emprendemento no noroeste peninsular.
pontupstore_aime-guerra-39.jpgEn canto aos ámbitos de emprendemento, o encontro volve rexistrar unha participación multisectorial con moita diversidade nas tipoloxías participantes e grande presenza de emprendementos innovadores e creativos, podendo destacar casos como o de Tappear Drinks & Tapas, unha aplicación móbil con información de interese sobre bares; Weet Energy & Telecom, a plataforma de dixitalización Xermye a consultoría de innovación I+ADN con interesantes patentes en fase de comercialización. Entre as que teñen só presenza con actividade destaca Koompany, que gravará un podcast en directo sobre marketing dixital e impartirá un obradoiro sobre a internacionalización dixital para emprendedores.
pontupstore_edu_banga-125.jpgO encontro Pont-Up Store está liderado polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose como patrocinadores ou colaboradores ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?