Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta convida aos concellos con centros históricos a sumarse a unha consulta aberta a operadores para despregar fibra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta convida aos concellos con centros históricos a sumarse a unha consulta aberta a operadores para despregar fibra

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/08/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Un recanto do conxunto histórico de Ribadavia
Un recanto do conxunto histórico de Ribadavia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de ofrecer aos 28 concellos galegos, que concentran 32 conxuntos históricos, a apertura dunha consulta aberta a operadores para despregar fibra nestas zonas protexidas. Esta proposta, explica a axencia, xurde “tras o caso de éxito de Santiago de Compostela, onde a colaboración institucional permitiu que o casco histórico da capital de Galicia conte cun proxecto de despregamento de fibra en marcha”.
A Xunta remitiu este verán unha carta aos 28 concellos con esta proposta solicitándolles “que manifestaran o seu interese en participar na iniciativa”. Unha vez se coñezan os municipios interesados se lanzaría unha consulta aberta a operadores.
Unha vez que se lance a consulta, os operadores formularán os posibles plans de equipamento tecnolóxico para os diferentes cascos históricos baseándose nas alternativas que ofrece o Catálogo de Solucións Técnicas, elaborado pola AMTEGA, o operador público RETEGAL e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Como dixemos, para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar (integrado por arquitectos, enxeñeiros de telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en despregamentos de fibra óptica), elaboráronse unha serie de propostas viables e con posibilidade de seren extrapolados a outros conxuntos históricos.
AMTEGA explica que a chegada da fibra ao casco histórico de Santiago é “resultado dun proceso que comezou hai un ano coa elaboración do devandito Catálogo e o posterior lanzamento dunha consulta aberta a operadores”.
Inicialmente sete operadores amosaron o seu interese en presentar proxectos e finalmente, o proceso pechouse coas propostas de R, Telefónica e Orange, valoradas positivamente pola comisión de seguimento da consulta aberta, culminando coa solicitude de licenza por parte deste último o pasado mes de xuño. Este despregue conta cun investimento privado de 2,4 millóns de euros e o seu alcance esténdese a todo o ámbito do Plan Especial do casco histórico.
Coa publicación do catálogo e a apertura da consulta aos operadores, Galicia está a abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata agora non se ofrecera ningunha solución.
A listaxe dos concellos con centros históricos aos que se lles fixo chegar o convite
A listaxe dos concellos con centros históricos aos que se lles fixo chegar o convite

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?