Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XGN R Encounter contará con máis de 30 actividades lúdicas e formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

XGN R Encounter contará con máis de 30 actividades lúdicas e formativas

Redacción
Publicado: 06/10/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

taller-na-pasada-edicion-da-xgn-r-encounter.jpgA XGN R Encounter, que se celebrará en liña os días 10 e 11 de outubro, xa vai definindo os seus contidos. O encontro virtual albergará no seu programa máis de 30 actividades lúdicas e formativas, incluíndo competicións de arte dixital, hardware, software libre e torneos de videoxogos. Ademais, as charlas formativas estarán centradas na intelixencia artificial e a programación. E por se fixesen falta aínda máis atractivos, o programa de televisión que será retransmitido por streaming de forma gratuíta e que servirá de fío condutor ao evento comeza xa a desvelar a identidade dos seus invitados; rostros coñecidos como os protagonistas de La Resistencia Grison e Jaime Caravaca, xunto a coñecidos streamers, serán entrevistados durante o programa.
Deste xeito, a XGN R Encounter está xa ultimando os detalles para presentar en breve o seu programa de actividades. Nesta edición número vinte habilitáronse 1.080 prazas virtuais, dispoñibles de forma gratuíta a través da páxina web do evento para aqueles que queiran participa.

Programa de televisión

Moitas das actividades, tanto dirixidas aos inscritos como abertas ao público xeral, serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous días do evento, a través de Twitch. A través desta canle fomentarase a interacción cos participantes, que ademais recibirán información de interese sobre o propio evento. Xunto a entrevistas e actividades formativas, haberá tamén tempo para as actuacións musicais e o humor.
A Feira Internacional de Galicia ABANCA atópase actualmente a pleno rendemento para culminar a organización desta edición, a cuarta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, que proporciona ademais a conectividade ao evento, e que de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?