Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un curso en liña formará aos profesionais do sector en márketing dixital e xestión de redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Un curso en liña formará aos profesionais do sector en márketing dixital e xestión de redes sociais

Redacción
Publicado: 09/10/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marketing_dixital_1.jpgA Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza un curso online de formación para achegar o sector artesán galego aos novos métodos de márketing e de comunicación, así como mellorar a competitividade e a comercialización nas súas empresas. As clases terán lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e mais o 5 de novembro. A inscrición está aberta vía web.
Ao longo da formación traballarase sobre a estratexia dixital, a construción da marca, a venda online, a creación de contido, o uso das redes sociais como ferramenta de difusión e de xeración de negocio, regras e tipos de contidos para as diferentes redes, a publicidade online e as ferramentas de monitorización e seguimento de clientes. Cada un dos participantes terá acceso a unha consultoría individualizada, na que poderá analizar o caso da súa marca e da súa estratexia dixital.
marketing_dixital_6.jpgA formación correrá a cargo de Javier Rocamora, consultor e formador especialista en márketing online, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Conta con 28 anos de experiencia profesional ligados ao mundo do márketing e das vendas e está centrado no eido dixital desde o ano 2005.
Nesta última parte do ano, a Fundación Artesanía de Galicia está a introducir a modalidade online na súa proposta formativa, ademais de potenciar os contidos relacionados coa presenza dixital e a difusión e a comercialización online, co obxectivo de apoiar o sector artesán galego na apertura de novas vías para achegar o seu produto aos clientes e afianzar as súas marcas. Esta mesma semana, iniciouse o curso Formación estratéxica para a nova artesanía, máis centrado na xestión empresarial, e está prevista outra actividade formativa online no marco do proxecto Enredadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?