Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A pandemia leva á reformulación das JAI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A pandemia leva á reformulación das JAI

Redacción
Publicado: 14/10/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

jai1.jpgA organización das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI) decidiu manter a edición de 2020 desta cita presentado hoxe e que terá lugar entre os días 26 e 30 de outubro nun formato totalmente virtual, ao que participantes e poñentes poderán acceder a través do Remote Congress de Teltek.
O director do evento, José Ignacio Armesto, acompañado por Eduardo Gómez de Tostón, director xeral da empresa Alisys, nunha presentación presidida polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, explicou o proceso de conversión das JAI nun evento dixital, «que aínda que perde frescura, no que a interacción entre as persoas se refire, gaña en que temos máis contidos e non quedamos restrinxidos a un espazo concreto como foi a cidade de Vigo en edicións anteriores». Coa participación confirmada de máis empresas que en 2018, preto dunha trintena, 75 poñentes e máis de 40 horas de conferencias, a primeira edición dixital das xornadas introduce como unha das súas novidades a celebración de varias mesas redondas na que destacados relatores e relatoras abordarán cuestións relacionadas coa automatización, a ciberseguridade ou a dixitalización no sector alimentario.
jai4.jpgPola súa banda, o director xeral de Alisys, que acompañou a súa presentación con demostracións das capacidades de varios robots de servizo e socias da firma, entre os que destaca Spot, o robot cuadrúpedo máis avanzado do mundo, capaz de avanzar en terreos accidentados, baixar e subir escaleiras e evitar obstáculos, incidiu na importancia da relación entre a universidade e a empresa, «nesta 4ª revolución industrial na que nos atopamos, movida pola intelixencia artificial, o big data e a Internet das Cousas», dixo Eduardo Gómez de Tostón.

Postos e interaccións dixitais para as empresas participantes

Tras explicar que a raíz da cancelación doutros eventos do ámbito da automatización, as Digital JAI «gañaron status» dentro do sector, o director do evento detallou algúns aspectos novidosos desta primeira edición das xornadas, como o feito de que as empresas participantes disporán de postos dixitais, que serán xemelgos virtuais dos da última edición o evento. «Neses stands as empresas terán interaccións dixitais con documentos .pdf, enlaces a vídeos, o programa de actividades e tamén poderán celebrar seminarios web en paralelo, pero en horarios diferentes, ás conferencias plenarias», explica o director da Digital JAI e profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática da UVigo.
Se nas máis de 40 horas de sesións técnicas de media hora de duración, os fabricantes poderán presentar as principais novidades nos seus desenvolvementos, en colaboración con AER Automation e ISA Sección Española, as Digital JAI acollerán catro mesas redondas nas que concorrerán destacados representantes da industria, tanto do ámbito da tecnoloxía industrial, como usuarios finais. Nestas sesións, o foco centrarase en cuestións como a robótica, a automatización na industria da alimentación ou a ciberseguridade.
Organizadas polo Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática; a Escola de Enxeñaría Industrial e a Universidade de Vigo, as I Xornadas Dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial contan entre os seus socios con Beckhoff, Bonfiglioli, Bosch Rexroth, B&R, Delta, Endress+Hauser, Festo, HMS Networks, HP, IFM, Kepware (Logitek), KUKA Robots Ibérica y Lapp, OnRobot, Phoenix Contact, Pilz, Rockwell Automation, SAS, Schneider Electric, Sick, Siemens, Universal Robots, WEG, Weidmüller, Yamaha e Yaskawa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?