Telefónica vén de informarnos de novos traballos levados a cabo na Fonsagrada para dotar a empresas e fogares de tecnoloxía de fibra ata o fogar (FTTH). Segundo fai saber a operadora, o concello lucense rematou o ano con 1.176 novas vivendas e locais conectados nos núcleos da Fonsagrada e A Pobra do Burón, que xa dispoñen do 100% de cobertura desta tecnoloxía.
Estes fogares e estas empresas poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que, segundo lembra a compañía de telecomunicacións, ofrece “voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil) e de xeito simultáneo sen reducir velocidade de conexión, entre outras vantaxes”. Vantaxes como por exemplo a de ofrecer canles de alta definición entre os usuarios que dispoñan de Movistar+.
O despregamento nos novos fogares agora en cobertura está impulsado polo Ministerio de Economía a través do Plan Nacional de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración – PEBANG. Telefónica lembra que a finais de 2019, o 35% da poboación da provincia de Lugo contaba con cobertura de fibra óptica (FTTH) de Movistar, “o que supuxo un total de 88.703 vivendas e negocios e un 21% máis que no exercicio anterior”.
Telefónica leva a súa fibra avanzada a 1.176 novas vivendas e empresas da Fonsagrada
Compartir Este Artigo

