O Concello de Poio rematou 2020 dando a coñecer o seu obxectivo de contar cunha Aula Mentor para impartir cursos e formación telemática non presencial. Os departamentos de Promoción Económica e Educación traballan en conxunto para facer realidade este proxecto, para o cal se solicitou unha subvención ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O Goberno local explica que a Aula Mentor é “unha ferramenta pensada para impulsar a formación, en diferentes ámbitos, entre persoas maiores de 18 anos, a través de iniciativas e sesións que se realizan de forma telemática e non presencial”. Un dos seus obxectivos será impartir ensino tecnolóxico-dixital.
Tal e como explican os concelleiros responsables destes departamentos, o socialista Gregorio Agís e a nacionalista Raquel Rodríguez, “entendemos que a aula pode resultar importante achegar á veciñanza unha fórmula que facilite a formación a distancia, a través de medios telemáticos, máxime nun contexto como no actual, no que a pandemia da COVID-19 obrigou nos últimos meses a buscar alternativas aos sistemas presenciais habituais”.
Unha vez estea en marcha, desde a Aula Mentor poderase ofrecer unha variada selección de cursos formativos de diferentes tipos (ata 20 diferentes). Así, por exemplo, para persoas pertencentes a colectivos vulnerables proxéctanoio redobrará o ensino TIC municipal a través dunha Aula Mentor de teleformación
O Concello de Poio rematou 2020 dando a coñecer o seu obxectivo de contar cunha Aula Mentor para impartir cursos e formación telemática non presencial. Os departamentos de Promoción Económica e Educación traballan en conxunto para facer realidade este proxecto, para o cal se solicitou unha subvención ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O Goberno local explica que a Aula Mentor é “unha ferramenta pensada para impulsar a formación, en diferentes ámbitos, entre persoas maiores de 18 anos, a través de iniciativas e sesións que se realizan de forma telemática e non presencial”. Un dos seus obxectivos será impartir ensino tecnolóxico-dixital.
Tal e como explican os concelleiros responsables destes departamentos, o socialista Gregorio Agís e a nacionalista Raquel Rodríguez, “entendemos que a aula pode resultar importante achegar á veciñanza unha fórmula que facilite a formación a distancia, a través de medios telemáticos, máxime nun contexto como no actual, no que a pandemia da COVID-19 obrigou nos últimos meses a buscar alternativas aos sistemas presenciais habituais”.
Unha vez estea en marcha, desde a Aula Mentor poderase ofrecer unha variada selección de cursos formativos de diferentes tipos (ata 20 diferentes). Así, por exemplo, para persoas pertencentes a colectivos vulnerables proxéctanse sesións para asesoramento de compravenda no pequeno comercio, técnicas de atención ao cliente ou xestión empresarial, así como cursos de agricultura ecolóxica, adestramento e emprendemento dixital.
Para mulleres rurais, entre a oferta hai obradoiros específicos de detección e prevención de violencia de xénero e programas de atención a persoas en situación de emerxencia. Por último, tamén se pretende dar acceso a cursos sobre sistemas de xestión e contidos web, aplicación de ofimática ou creación de compoñentes visuais. Tamén haberá oferta de cursos pensados para persoas sen coñecementos previos de informática, como de iniciación a Internet ou de manexo de procesadores de texto como o Word.
Poio redobrará o ensino TIC municipal a través dunha Aula Mentor de teleformación
Compartir Este Artigo

