A Cámara de Comercio de Santiago vai desenvolver entre os días 17 e 25 de marzo unha actividade práctica sobre como iniciarnos nas vendas por Internet e tirar abaixo muros físicos de mercado. Trátase do Taller sobre iniciación ao comercio electrónico para empresas de economía social, unha relevante oportunidade para coñecermos as diferentes alternativas e plataformas de vendas online e as súas características. Desenvolverase en horario de 10.00 a 13.00 horas e será telemático e de balde.
Estes son os obxectivos básicos do obradoiro:
· Dotar aos asistentes dunha visión estratéxica de conxunto sobre o comercio electrónico.
· Formalos para que poidan autoxestionar unha tenda online básica.
· Formalos para que coñezan os aspectos fundamentais dunha web eficaz de comercio electrónico.
· Dar a coñecer as diferentes alternativas e plataformas de comercio electrónico e as súas características.
· Proporcionar ferramentas para a interpretación dos datos estatísticos de visitas aos perfís sociais
· Asesorar aos participantes de xeito individualizado para que desenvolvan correctamente o seu propio plan de redes sociais, de acordo coas súas necesidades particulares.
