O club de investidores privados Netin Club vén de anunciar que retoma as súas convocatorias mensuais de investimento híbridas (presenciais en en liña). Faino dende a nosa terra este 16 de marzo para dar a coñecer tres novos proxectos innovadores en procura de financiamento. A rolda consistiría nun streaming de alcance nacional a través de Youtube. Celebrarase ás 13.00 horas no Auditorio Municipal Casa Dopeso, nas Pontes, A Coruña. Trátase de tres empresas dos ámbitos do marketplace para vodas, bio-cosmética e Realidade Virtual.
“Como cada mes”, informa o Club, “buscamos reactivar a economía presentado antes a rede de investidores aquelas startups que se atopan en procura de financiamento para así seguir crecendo co seu negocio”.
Ao evento acudirán máis de 40 investidores de maneira presencial e estimando máis de 100 conexións online de investidores, desde as 13 localizacións que ten o Netin Club e outros puntos do territorio español.
O Netin Club fai saber que se van extremar as medidas de protección fronte ao COVID, “para así evitar calquera risco para os asistentes ao seu evento”.
Yolanda Tomico, directora xerente da plataforma de investimento, explica que “Netin Club é o marco ideal para a unión entre proxectos que buscan financiamento e investidores que están á procura de rendibilidade para o seu capital, engadindo unhas sinerxías entre as partes interesadas”.
A cita contará coa colaboración do Concello das Pontes.
O Netin Club retoma nas Pontes as súas convocatorias de investimento híbridas
Compartir Este Artigo

