R puxo en marcha o servizo WiFi Mesh, co que aborda o problema que os usuarios adoitan reportar aos operadores sobre os problemas de Wi-Fi nos fogares. De feito, un estudo recente de R revela que o 90% dos clientes de Galicia utilizan Wi-Fi para conectarse no seu fogar nalgún momento, mentres que o 47% opta única e exclusivamente polo servizo de Wi-Fi para acceder á Rede, de aí que sexa tan importante para eles gozar dunha boa conexión sen fíos.
O aumento de equipos conectados á rede provoca problemas de cobertura ou de diminución das velocidades de descarga homoxénea en todos os cuartos, xa que os máis afastados do router poden ver diminuída a potencia e a fluidez do sinal, co risco de desconexións inoportunas. Ante esta situación a tecnoloxía de WiFi Mesh R permite unha mellora substancial da cobertura na súa vivenda, e acada velocidades moi superiores en Wi-Fi que repetidores ou outras tecnoloxías como o PLC, conseguindo tamén un sinal máis estable, resultando esta solución especialmente beneficiosa en vivendas de grande tamaño ou con muros e piares estruturais que impiden a correcta recepción do sinal. Agora, o sinal pode chegar mesmo ata os recunchos máis escondidos e afastados do router emisor do sinal, e sen necesidade de instalar cables.
Para poder gozar de todas as capacidades deste sistema, é necesario instalar na casa cando menos dous dispositivos de WiFi Mesh. Estes amplificadores intelixentes comunícanse entre si para formar unha rede Wi-Fi única, con algoritmos específicos que garanten a cada un dos dispositivos do fogar (smartphones, tabletas, consolas, aparellos de domótica, cámaras, alarmas, termóstatos, etc.) estar conectados á rede de tipo malla e ter así, sempre, o mellor sinal e a menor latencia posibles, mesmo nas vivendas de gran superficie. Grazas a estes algoritmos, cada dispositivo conectarase sempre á caixa Mesh que mellor cobertura lle dea.
Os dispositivos de WiFi Mesh son bastante pequenos e teñen un deseño e unha estética coidada, pensada para pasar desapercibidos no fogar e mesmo converterse en elementos decorativos.
A instalación destes amplificadores intelixentes é moi sinxela: só hai que conectar unha das caixas Mesh ao router por cable e emparellar o resto dos amplificadores Mesh premendo un botón nelas. Non é preciso configurar nada.
R ofrece a posibilidade de xestionar a rede Wi-Fi dende a súa app para consultar e cambiar o nome da rede, restablecer o contrasinal, consultar que dispositivos están conectados, permitir ou bloquear a navegación dos devanditos dispositivos e realizar un diagnostico automático para detectar posibles problemas e solucionalos no momento, entre outras opcións. Trátase dun sistema moi seguro e intelixente.
En definitiva, con WiFi Mesh, os clientes de R disporán dunha cobertura Wi-Fi mellorada, máis velocidade na conexión e maior estabilidade en todos os dispositivos do fogar. De aí o lema da campaña publicitaria deste novo servizo avanzado de R: “Unha Wi-Fi coma unha casa”.
A solución de Wifi Mesh R inclúe dous amplificadores intelixentes por 4 euros/mes durante 24 meses, un prezo incrible en comparación cos prezos de mercado desta tecnoloxía que, coas mesmas prestacións, se sitúan por riba dos 200 €.
E ademais, aos clientes de combo infinito os dous amplificadores intelixentes Wifi Mesh sáenlles a 0 euros ao mes. Unicamente terán unha cota de alta de 15 euros. É dicir, quen xa conta con Internet, TV, telefonía fixa e unha liña móbil ilimitada gozará dun desconto do 100% na cota mensual mentres dispoña do combo infinito.
R mellora a Wi-Fi no fogar co novo servizo WiFi Mesh
Compartir Este Artigo
