A aula CeMIT de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e respectando as normas de seguridade anti-COVID, tal e como explicou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC local Manuel Bello.
Dúas das acción serán, segundo indicaron, “innovadoras en relación a anteriores convocatorias”. Concretamente, un seminario de seguridade en Internet que se vai celebrar do 7 ao 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ao 4 de xuño.
O certificado dixital, a suite LibreOffice, iniciación á informática, as ferramentas de Google, o retoque de imaxe (GIMP), o editor de textos Write, as follas de cálculo e máis a ferramenta autonómica E-Saúde son as temáticas dos outros cursos que se impartirán ao longo da primavera.
Inscricións
O prazo de inscrición comeza este martes ás 9 horas ata crubir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia aula CeMIT situada en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou a través da ligazón específica da aula.
Cómpre lembrar que a aula ten un cincuenta por cento de capacidade (seis prazas), que o uso da máscara é obrigatoria durante toda a sesión e que haberá ventilación continua durante as clases e hixiene de mans a disposición dos usuarios.
Relación de cursos:
CURSOS ABRIL – MAIO
· Certificado dixital – Sede electrónica.
Contido:
Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as administracións públicas.
Data:
05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
Data:
05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021
Horario: 16:30 – 18:00
· Seminario de Seguridade en Internet.
Contido:
Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións axeitadas para a navegación. Medidas preventivas.
Data:
07, 08, 09 Abril
Horario: 11:30 – 13:00.
· LibreOffice.
Contido:
Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións LibreOffice.
Data:
12 de abril de 2021 – 26 de maio de 2021. Luns e mércores
Horario: 09:30 – 11:00
· Iniciación á informática.
Contido:
Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato e co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet.
Data:
15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves
Horario: 09:30 – 11:00
· Ferramentas de Google.
Contido:
Manexo do Google Drive, Google Calendar, Google Maps, Google Photos.
Data:
15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves
Horario: 11:30 – 13:00. Martes e xoves
· Retoque de imaxe. GIMP.
Contido:
Co programa GIMP realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía…
Data:
13 de abril de 2021 – 13 de maio de 2021
Horario: 16:30 – 18:00
CURSOS XUÑO
· Banca electrónica.
Contido:
Supostos con dúas webs sobre banca electrónica
Data:
01 de xuño de 2021 – 04 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
· Seminario Write,
Contido:
Manexo do editor de texto do LibreOffice
Data:
07 de xuño de 2021 – 11 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
· Seminario Calc
Contido:
Manexo da folla de cálculo do LibreOffice
Data:
14 de xuño de 2021 – 18 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
· Seminario E-Saúde
Contido:
Manexo da ferramenta do Sergas E-Saude:
Data:
21 de xuño de 2021 – 23 de xuño de 2021
Horario: 10:00 – 11:30
A aula CEMIT de Ribeira organiza cursos sobre a seguridade na Rede e banca electrónica
Compartir Este Artigo

