A Deputación da Coruña vén de habilitar unha nova canle de comunicación vía WhatsApp, achegando aos cidadáns disporá unha nova vía que lles permitirá estar informados da información da administración provincial a través do seu móbil e de xeito instantáneo.
Os interesados ou interesadas en recibir nos seus móbiles as novas da Deputación de interese provincial e a relacionada co seu municipio deben enviar a palabra ALTA máis o nome do concello do que desexen recibir a información ao número 690 115 189 (exemplo: ALTA BERGONDO) e, a partir dese momento, comezarán a recibir as novas. Para anular o servizo basta con enviar BAIXA ao mesmo número.
A través deste servizo a Deputación comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión provincial que afecten aos diferentes municipios e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc.
A Deputación da Coruña estrea canle informativa por WhatsApp
Compartir Este Artigo
