R vén de impulsar a súa fibra óptica de nova xeración no concello de Sanxenxo, onde xa hai, segundo informou a empresa de telecomunicacións, medio milleiro máis de fogares e empresas con posibilidade de conectarse ás súas redes avanzadas, coas vantaxes que estas implican (accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps de suba e de baixada, servizos telefónicos de vangarda, TV dixital multicanle, etc).
Pertencen aos núcleos de Xesteiriña, Chandevila, Fonte de Ons, Xuncabranca e Gondar de Abaixo. Como noutros traballos análogos nos nosos concellos, R fixo un esforzo extra por aproveitar as infraestruturas existentes.
Estas 500 novas unidades súmanse ás 900 que se conectaran á dita infraestrutura en meses previos no marco do Plan Avanza. En virtude deste, estariamos a falar dun total de 3.500 domicilios e negocios con opción de conectárense a R en Sanxenxo ao peche de 2021.
O despregamento destas redes está subvencionado polos Fondos FEDER da Unión Europea a través do Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
R xa levou as súas redes de nova xeración a 3.500 fogares e empresas de Sanxenxo
Compartir Este Artigo

