Volven este mes de mes de setembro, trala paréntese do mes de agosto, as actividades da rede de formación tecnolóxica SmartPEME, impulsada pola Deputación de Pontevedra. Fano esta semana con dúas accións de capacitación TIC impartidas en liña e abeiradas á carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o uso da mercadotecnia ligada ao correo electrónicos (email marketing) e a súa correspondente medición de impactos e sobre a elaboración dun plan de mercadotecnia dixital paso a paso.
Este mércores, día 1, impartirase o obradoiro Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing, no que a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde explicará como dar a coñecer mensaxes, produtos ou servizos con esta ferramenta. Falará tamén das súas vantaxes e ensinará a mellorar o seu deseño e medir os resultados e impacto das súas campañas.
Pola súa banda, o xoves, día 2, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández impartirá O teu plan de marketing dixital paso a paso, obradoiro no que se centrará na necesidade de dispor dun plan tecnolóxico de promoción empresarial previo á execución de calquera acción de publicidade comercial para despois afondar na súa utilidade e na súa creación paso a paso cun exemplo concreto.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPEME na ligazón web de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202020.
Volve SmartPEME con dous novos obradoiros en liña sobre mercadotecnia dixital
Compartir Este Artigo

