
Durante estas actividades extraescolares os/as alumnos/as poderán aplicar esta tecnoloxía a proxectos relacionados coa robótica, o recoñecemento de imaxes, a predición de fenómenos, o movemento autónomo ou a seguridade, “entre outras moitas cousas”, explican dende Vermis, engadindo que esta tecnoloxía consiste “nas habilidades que teñen algunhas máquinas de aprender e razoar coma os humanos, pero dun xeito moito máis áxil e eficiente”.
Desde VermisLAB consideran “fundamental achegar esta tecnoloxía o antes posible” ós máis pequenos e “facelo ademais dun xeito responsable, xa que a nosa interacción con ela vai a ser constante e o futuro da humanidade pasa polo seu bo desenvolvemento e uso”.
VermisLAB converte a Intelixencia Artificial en elemento transversal da súa formación extraescolar
Compartir Este Artigo

