
Haberá un obradoiro de stop-motion a cargo do director compostelán Fernando Cortizo e xogos de Realidade Virtual e cinema. Este mini-festival celebrase o día 25 no Auditorio do Concello de Vigo en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 21.30 horas.
Haberá dous bloques de curtametraxes internacionais divididos por idades. As da mañá están pensadas para desfrutar con máis de 7 anos, mentres que ás da tarde son aptas para todas as idades. En total exhibiranse 19 curtametraxes entre as que os minifreaks deberán elixir a súa favorita. O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección de Los Goonies, o clásico de 1985 dirixido por Richard Donner e baseado nunha historia de Steven Spielberg.
Ademais das proxeccións, o irmán máis novo do Galician Freaky Film festival contará con varias actividades participativas, pensada para facer agromar nos nenos e nenas o interese polo cine e estimular a súa imaxinación. Unha destas actividades será un obradoiro de stop-motion, a cargo do director compostelán Fernando Cortizo, un dos grandes referentes estatais e internacionais nesta técnica de filmación e creación. Cortizo é coñecido por dirixir en 2009 O Apóstolo, a primeira película europea en stop-motion estereoscopio. Con ela obtivo en 2012 o nomeamento ao Goya á Mellor Película de Animación, ademais de numerosos premios internacionais, 6 premios Mestre Mateo e a Preselección para os Óscar 2014.
Esta arte cinematográfica consiste en crear a sensación de movemento a través da sucesión de fotografías. Para isto, os participantes moldearán os seus propios personaxes e crearán unha escena fotograma a fotograma, dando vida a unha pequena película de animación coas súas propias mans.
A segunda actividade paralela será de Realidade Virtual e estará guiad pola empresa de actividades de lecer Inmersia, adicada a introducir aos máis pequenos no mundo da robótica e a electrónica de xeito divertido. Durante a actividade, poderase gozar de varios xogos e experiencias con lentes e mandos de Realidade Virtual, segundo os gustos de cada quen.
Os horarios de cada actividade do Pequefreak xa están dispoñibles na web do GFFF. As
entradas estarán á venda en datas vindeiras na mesma ligazón.
O Galicia Freaky Film Festival inclúe obradoiros de stop-motion e realidade virtual para a rapazada
Compartir Este Artigo

