A UVigo lanzou unha nova oferta de oito cursos para o primeiro cuadrimestre. Fíxoo ao abeiro do programa e-Destrezas, que se presenta como “unha oportunidade para que a comunidade universitaria mellore as súas competencias dixitais”. As persoas interesadas poderán formarse en ofimática, desenvolvemento web ou principios de cálculo científico. Trátase de cinco cursos en total, de balde, achegados pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.
Estes serían os cursos en cuestión:
-Fundamentos de ofimática con Office.
-Iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con WordPress.
-Iniciación as bases de datos. Microsoft Access.
-Fundamentos de deseño gráfico con Ilustrator e Photoshop.
-Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel.
-Fundamentos de edición de vídeo e son dixital para a web.
-Curso básico de deseño BIM con Revit.
-Fundamentos e principios de cálculo científico con Matlb.
Neste primeiro cuadrimestre, os cursos celebraranse en formato virtual a través do Campus Remoto da UVigo, posibilitando a docencia virtual síncrona a oferta completa de todos os cursos nos tres campus. Xunto a esta novidade, a UVigo salienta tamén que a formación celebrarase en horario de tarde ou sábado pola mañá “co obxectivo de facilitar a participación da comunidade universitaria”. En cada obradoiro que terá unha duración de 30 horas (seis sesións de catro horas presenciais e seis horas de traballo autónomo), poderán matricularse un máximo de 30 persoas, que deberán asistir ao 85% das clases para obter o certificado. En canto á decisión de homoxeneizar a duración de todos os cursos a 30 horas, esta medida permite ao alumnado a posibilidade de recoñecer cada un deles por un crédito ECTS.
A inscrición nos cursos pode realizarse a través de campusactivo.uvigo.gal.
O programa e_Destrezas chega este ano a súa terceira edición, despois de botar a andar no curso 2019-2020, e contando desde o inicio co patrocinio do Consello Social da UVigo. Segundo informa a Univerisdade, “proba da boa acollida que ten entre a comunidade universitaria son o datos de participación do último curso, no que se ocuparon un 91% (494) do total de prazas ofertadas (540) en 18 cursos. Das persoas matriculadas no curso 2020-2021, 306 (88%) foron estudantes, 33 (10%) PDI e 7 (2%) PAS e os cursos con maior demanda foron os de Fundamentos e principios de cálculo científico con Matlab e Iniciación á creación dun perfil na rede social profesional LinkedIn”.
A comunidade da UVigo poderá mellorar as súas competencias dixitais con oito novos cursos
Compartir Este Artigo

