O vindeiro 4 de outubro vai dar comezo un curso da Cámara de Santiago, en colaboración con INCYDE e o Concello, centrado nas tecnoloxías máis punteiras e en como estas nos poden axudar a fortalecer o noso currículo e a acadar, nas empresas que lideremos ou nas que traballemos, máis competivididade, eficiencia e sustentabilidade. O curso de Emprendemento en Aplicacións Intelixencia Artificial será unha actividade de balde e en liña. Incluirá 7 semanas de formación vía streaming (6 semanas de contidos e unha semana de traballo de campo).
Segundo informa a organización do programa, a IA vai experimentar estes anos un amplo despregue, cubrindo múltiples eidos de aplicación e ofrecendo mancheas de oportunidades de emprendemento e de desenvolvemento profesional. “A súa implantación en contornas empresariais e profesionais está chamada a provocar unha auténtica revolución nos procesos de transformación dixital”, engade o INCYDE.
O programa centrarase en coñecer os principios básicos asociados ás tecnoloxías intelixentes e dun modo especial, en coñecer as aplicacións que xa empezan a implantarse así como se porá especial énfase no impacto sobre os modelos de negocio actuais así como na xénese doutros novos e na identificación de oportunidades que ofrecen ao emprendedor que aposte por el.
Vai dirixido a persoas menores de 30 anos que non se atopen empregadas nin participen nos sistemas de educación ou formación, que estean rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

