O Goberno galego vai pór en marcha un espazo dixital de teleformación en igualdade laboral. O seu obxectivo será sensibilizar á cidadanía e ao tecido empresarial sobre conciliación e corresponsabilidade. Foi dado a coñecer nos seus detalles pola conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, na clausura da xornada de conmemoración, no Parlamento, do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía. A plataforma estará activa a finais de outubro.
“Será un espazo dixital de teleformación dirixido a informar e sensibilizar á sociedade en igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres”, subliñou a conselleira, engadindo que ao seu abeiro desenvolveranse cursos de balde sobre plans de igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral ou o teletraballo.
A Xunta porá en marcha un espazo dixital de teleformación en igualdade laboral
Compartir Este Artigo

