
Contará cun formato híbrido e terá “o obxectivo de afianzar a recuperación económica sobre alicerces de crecemento sólidos e con perspectivas de futuro”, en palabras da organización, que porá o foco no virtual “para poder romper as barreiras xeográficas e potenciar as capacidades dixitais das persoas e empresas participantes”.
Haberá máis de 20.000 prazas dispoñibles para as actividades da feira, todas e elas encamiñadas a potenciar o talento nas súas máis variadas manifestacións. A totalidade destas accións seguirá sendo de acceso libre e totalmente de balde para os usuarios que se rexistren e cumpran os requisitos que se especifiquen.
As cifras precedentes non poden ser mellores: o ano pasado participaron 40.000 persoas.
O programa inclúe a celebración, o mércores 17 de novembro, do Foro estratéxico Talentia Summit ”21 Estará presidido por autoridades ao máis alto nivel e, como cada ano, contará coa participación de empresarios/as e profesionais especializados en ciencia, tecnoloxía, enxeñería, matemáticas, educación, mercadotecnia, recursos humanos e economía máis relevantes en España, e especialmente en Galicia. Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.
Colle corpo a nova edición da feira de emprego Talentia Summit 21, que arrinca o 15 de novembro
Compartir Este Artigo

