
O museo, que inclúe textos elaborados polo profesor da área de Historia do Arte, José Manuel García Iglesias, artéllase nunha serie de apartados, por exemplo Coleccións, que xunta unha escolma de cen pezas singulares, ou Explora, que é unha ferramenta de busca que permite acceder á totalidade dos bens, realizando procuras por título, autoría, data ou localización.
Coincidindo coa apertura deste museo en liña, este xoves 7 inaugurouse no Colexio de Fonseca a exposición A Minerva Compostelá. As súas glorias, parte tamén do programa Patrimonio Aberto e que mostra parte da historia da institución recreando espazos do pasado que seguen “presentes”.
O Museo Virtual da USC terá unha presencia singularizada na sancristía da capela a través de códigos QR alusivos ao que alí pode verse. “Xérase así un vínculo entre as potencialidades do virtual e o coñecemento directo das obras ás que se fai mención”, sinala a Universidade.
Este Museo Virtual, financiado pola Deputación da Coruña e deseñado por Uqui Permuy, conta con fotografías de Fuco Reyes e Santi Alvite.
En marcha o Museo Virtual da USC
Compartir Este Artigo

