
O acto organízao o Colexio de Economistas coa colaboración da UNED, froito do convenio que ambas as institucións rubricaron o pasado mes de xullo.
Para asistir á conferencia é necesario que nos inscribamos a través do correo colourense@economistas.org ou chamando ao número de teléfono 988 21 48 44. A inscrición custa 10 euros. Os alumnos e titores da UNED e os colexiados de Economistas Ourense non abonarán cantidade algunha.
Alberto Muñoz Cabanes é profesor colaborador do Departamento de Economía Aplicada e Estatística da Universidade Nacional de Educación a Distancia, licenciado en Economía pola Universidade Complutense de Madrid.
Ten un mestrado en Mercados Bolsistas e Derivados Financeiros, pola UNED ademais de ser doutor en Estatística Aplicada á Economía pola dita institución académica, no 2008. As súas áreas de interese céntranse nas finanzas cuantitativas, na teoría de xogos e no trading algorítmico. Muñoz Cabanes é coautor de sete libros ademais de participar noutro cinco publicacións científicas.
Todo o que quixemos saber sobre as criptomoedas, nunha conferencia da UNED e o Colexio de Economistas de Ourense
Compartir Este Artigo

