Cada vez máis as tecnoloxías disruptivas da Intelixencia Artificial están presentes nas nosas empresas, achegándonos revolucionarios xeitos de ser máis competitivos e rendibles e, tamén, de contar con máis coñecemento de valor. Neste punto xoga un papel fundamental o concepto de aprendizaxe máquina (Machine Learning) e as posibilidades que achega para anticiparnos ao mercado, aos desafíos futuros e ás necesidades dos clientes. FEUGA, a través dun novo curso, mergúllanos este mes de novembro nos modelos de predición.
Trátase dun grupo de técnicas que, mediante a aprendizaxe automática e a recolección de datos, pretende dar unha predición de resultados futuros co obxectivo de precisar a toma de decisións mediante técnicas de análises de datos.
Segundo informa FEUGA, nos últimos anos esta área de traballo tomou gran protagonismo nos negocios e na actualidade, todas as empresas, organizacións e institucións requiren en maior ou menor medida unha análise destas características, co cal as áreas de aplicación son practicamente infinitas.
O curso Como deseñar e traballar con modelos preditivos desenvolverase en formato webinar os días 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro, en horario de 09:30 a 11:30 horas. Os contidos serán impartidos por Susana Fontes.
FEUGA achéganos aos máis revolucionarios modelos de predición a través do Machine Learning
Compartir Este Artigo

