A Asociación Amigus prosegue co seu labor de divulgación activa da vertente máis creativa e argalleira das novas ferramentas tecnolóxicas. Neste cometido encádrase a nova sesión participativa de programación con Arduino que está prevista para o vindeiro 7 de decembro, no local de Amigus Labs (o número 14 da praza do Hospital, nas Pontes), en horario de 10:00 a 13:00 horas. Trátase dun Obradoiro Árbore de Nadal con Arduino, onde se nos vai mostrar como controlar as luces do adobío por excelencia das ditas festas facendo uso da dita placa de hardware e software libre.
A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro. A idade recomendada e nenas/os de entre 7 e 12 anos. Trátase dunha actividade de balde e as inscricións formalizaranse por orde de rexistro, temos toda a información e inscrición na web de Amigus.
Amigus mostraranos como manexar as luces de Nadal da nosa árbore con Arduino
Compartir Este Artigo

